UNIVERSO MAELOC
PRATERÍA · ACIBECHERÍA · XOIERÍA DE AUTOR · OBXECTOS & CERÁMICA DE AUTOR
A tradición ourive de Compostela é o punto de partida dunha selección que percorre distintas formas de entender o oficio e a creación. Ouro, prata de lei e acibeche conviven con materiais menos convencionais como cunchas mariñas, flores naturais, madeira, coiro, ámbar e outras pedras semipreciosas.
Un universo que se estende máis alá da xoiería para incorporar cerámica, pintura, escultura e obxectos de autor creados por artistas e artesáns galegos.
AS XOIAS
Da Pratería e a Acibechería, con técnicas transmitidas ao longo de xeracións, ás linguaxes máis contemporáneas da Xoiería de Autor, cada peza revela unha forma diferente de entender o deseño e o saber facer.
Auténtica Ourivaría Ancestral de Santiago
A marca Ourives de Compostela garante que aquelas pezas que a levan foron creadas con metais nobres por ourives composteláns utilizando as técnicas tradicionais dos antigos gremios de prateiros e acibecheiros da cidade de Santiago.
Os ourives composteláns traballan principalmente con prata de Lei e acibeche. Son depositarios dun antiquísimo saber que se remonta aos tempos fundacionais da cidade e na actualidade conservan e transmiten as antigas técnicas que foron pasando de pais a fillos ao longo dos séculos ata os nosos días.
Ourivaría de Autor
Deseños actuais, técnicas innovadoras e saber facer ourive.
Os novos ourives e deseñadores que apostan por conservar o mellor da ourivaría tradicional e innovar en técnicas e deseños todos eles co denominador común do saber facer ourive.
Destacan pola súa investigación no desenvolvemento de técnicas innovadoras, descontextualización de materiais e caracterízanse polos seus deseños actuais, minimalistas e en ocasións de marcado carácter vangardista.
As xoias do camiño
Leva contigo para sempre a maxia do camiño
Os auténticos e tradicionais emblemas e amuletos do Camiño e Compostela actualizados e de tendencia. Conviven os antigos símbolos feitos con técnicas tradicionais con deseños actuais en diferentes técnicas con prata de lei como o esmaltado en cores.
Os máis emblemáticos e tradicionais son a cuncha de vieira, a cruz de Santiago, a figa, o botafumeiro, realizados en prata e acibeche, seguindo a antiga técnica dos Ourives de Compostela.


