Ourivaría Tradicional . Xoiería de Autor . Xoias do Camiño
Descobre Compostela e a súa historia a través das xoias.
MAELOC é a terceira dunha saga de tendas dispostas a apostar pola Ourivaría Tradicional de Santiago de Compostela en prata e acibeche á vez que pon en valor Xoias de Autor realizadas con novos materiais e técnicas innovadoras.
Compostela Icónica
No corazón de Santiago, a escasos metros da emblemática Praza do Obradoiro, abre as súas portas xusto enfronte da biblioteca de Fonseca. Un enclave de paso para peregrinos e visitantes da cidade que a fai converterse nun referente da xoiería do Camiño de Santiago de alta calidade e cerámica creativa con símbolos de Compostela.
Ourives de Compostela
Auténtica Ourivaría Ancestral de Santiago
A marca Ourives de Compostela garante que aquelas pezas que a levan foron creadas con metais nobres por ourives composteláns utilizando as técnicas tradicionais dos antigos gremios de prateiros e acibecheiros da cidade de Santiago.
Os ourives composteláns traballan principalmente con prata de Lei e acibeche. Son depositarios dun antiquísimo saber que se remonta aos tempos fundacionais da cidade e na actualidade conservan e transmiten as antigas técnicas que foron pasando de pais a fillos ao longo dos séculos ata os nosos días.
Ourivaría de Autor
Deseños actuais, técnicas innovadoras e saber facer ourive.
Os novos ourives e deseñadores que apostan por conservar o mellor da ourivaría tradicional e innovar en técnicas e deseños todos eles co denominador común do saber facer ourive.
Destacan pola súa investigación no desenvolvemento de técnicas innovadoras, descontextualización de materiais e caracterízanse polos seus deseños actuais, minimalistas e en ocasións de marcado carácter vangardista.
As xoias do camiño
Leva contigo para sempre a maxia do camiño
Os auténticos e tradicionais emblemas e amuletos do Camiño e Compostela actualizados e de tendencia. Conviven os antigos símbolos feitos con técnicas tradicionais con deseños actuais en diferentes técnicas con prata de lei como o esmaltado en cores.
Os máis emblemáticos e tradicionais son a cuncha de vieira, a cruz de Santiago, a figa, o botafumeiro, realizados en prata e acibeche, seguindo a antiga técnica dos Ourives de Compostela.
O que din de nós
Ven a visitarnos
Luns – Venres: 10:30 – 13:50 e 17:00 – 20:00
Sábados: 11:00 – 14.00
Domingos: pechado
Rúa do Franco, 1, 15702 Santiago de Compostela, A Coruña (Spain)
Tel. +34 981 58 41 74
Envíanos un mensaje:
FINANCIADO POLO CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA